Coñece o noso proxecto

Somos Galicia

       Galicia é como unha nai, que xesta no ventre os seus froitos con paciencia, con agarimo, con esforzo, con sacrificio e cun amor infinito. Os seus froitos saen do mar, da terra,... e son torneados con sabiduría e tenrura polas mans de centos de produtores que tratan con delicadeza as materias primas máis preciadas que Galicia garda no seu seo.

      Os produtos que nos regalan o mar e a terra, as marmeladas caseiras, os doces, as conservas, os queixos,... os licores e viños galegos levan nas veas o sangue da súa Nai, que non é máis que a esencia da natureza pura, das raíces máis aferradas á Terra e dunha identidade común.

Somos Fogar

     Galicia é tamén Fogar. Un lugar no que cada un pode experimentar a dozura e calidez que sente na súa propia casa. Coidamos con mimo e dedicación centos de aloxamentos que se integran con respecto na natureza para ofrecer a miles de visitantes a oportunidade de vivir Galicia, de gozar do regalo impagable de sentirse un máis no noso Fogar. 

Orgullosos no Noso

     Temos moitos motivos para presumir de Galicia, e este espazo é un lugar no que amosarnos ó mundo orgullosos do Noso; do que temos, de como falamos, do que facemos, do que comemos e do que sentimos cando un produto galego nos regala momentos inesquecibles ó redor dunha mesa, de canto nos emocionamos cando a música de raíces galegas soa ou cando unha peza de artesanía ve a luz para agasallarnos cun anaquiño da alma dun artista da terra. 

    

  

Tal, Muros. A Coruña

HORARIOS

24 horas

Contacto

Pregunta de seguridad